ASOCIACIÓN AMIPA

Somos un grupo de persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais e persoas voluntarias, nunha contorna rural.

Todas compartimos un proxecto que se corresponde coa misión de AMIPA: apoiamos e acompañamos ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias para acadar unha mellor calidade de vida, xerando oportunidades dende o respecto e a ilusión e promovendo a inclusión na comunidade nun entorno rural.

Artesanía

Somos persoas expertas no deseño e creación de produtos únicos e artesanais

Ir á sección

Horta ecolóxica

Participamos activamente na nosa contorna rural, buscando novas oportunidades a través do traballo na terra.

Ir á sección

Ocio e deporte

Tendo en conta o importante que son os tempos de ocio e deporte na vida de todas as persoas, queremos que sexan actividades inclusivas.

Ir á sección

Formación para a vida

No Centro Ocupacional de Sorribas desenvolvemos diferentes programas que favorecen a nosa formación permanente como persoas adultas.

Ir á sección

Coa colaboración de:

LOGO-OBRA-SOCIAL-LA-CAIXA